A drag pandereteira abriu as portas da súa casa e do seu corazón a Galicia enteira neste capítulo do programa A Miña famila pola túa.
Javi deu a coñecer a súa propia identidade por baixo de Meiga-i e presentou a súa familia travesti da compañía teatral “Marinita y sus Maromas“. Non quedaba tranquila sen reivindicar en prime time a importancia de coidar e crear a cultura galega, asi como o respecto á diversidade e á liberdade de expresión.