Quixera contarvos unha historia . . .
O camiño ata a mestura das ideas drag + folk foi un percorrido natural, pois, que artista de Galicia non vai querer inspirarse na súa cultura e contar as súas historias?
Esta idea xorde, sen nome concreto, en 2019.
En maio dese ano, participa nunha gala na cidade de Vigo, onde debuta humildemente, coa pandeireta e crítica social, sendo ben recibida por un público abraiado. En xuño preséntase en Pontevedra no #Pontequeer
En agosto, intervén no Vermú pola Diversidade de Pontevedra cunha animación de rúa drag-folk, xunto ao Comité.
No Samaín dese ano, após participar no #Samacuir, aprende que, para contar certas historias complexas, necesita o seu propio espazo e tempo. Entón, crear unha narrativa comeza a ser unha necesidade.
Será en 2020, aproveitando un tempo de instrospección global, cando esta narrativa e a personaxe se consolidan recibindo o nome MEIGA-i.
En xuño, estrea a súa proposta no #VermuXcircas do Concello de Pontevedra, evento que tamén co-presenta e co-dirixe.