Interpretación drag de raíz galega
No espectáculo en directo “A drag pandereteira” MEIGA-i conta e canta a súa historia a través do folk galego desde a perspectiva drag.
A simpática pandeireteira quere ser ela mesma e expresarse na cultura propia. Por contra, atopará pedras no camiño.
Pretende liberar a herdanza, que está cativa do cosmopaletismo e a desmemoria, para liberarse a si propia e ao público. Soa non pode. Chamará a unha Meiga oficial.

QuE vas ver no directo?
Monólogos, percusión, voz en directo, comentario social… (Re)Interpreto cancións atemporais do folk e pop galego para contarche a miña historia, con humor e tamén seriedade, creando unha experiencia grupal e trascendente para todos os públicos.

Fusión de mundos
Así como o folk non é cousa do pasado, a performance drag non pertence unicamente ao pop e ás modas maioritarias.
Esta fantasía amosa como se pode crear sen esquecer a simboloxía e tradición propia, con mensaxe e vocación actual. Sen nostalxia, con optimismo.

Muller galega, eu che canto, toda chea de emoción-e
folklore é herdanza das mulleres
A muller galega é, na nosa mitoloxía, un referente de poder e sabedoría. Por iso, unha drag galega inspírase nese imaxinario. Respecta, pero non precisa, artificios alleos.